Yee Haw | Auditorio Municipal | Vigocultura

Compra entradas Yee Haw | Auditorio Municipal | Vigocultura y disfruta de Circo en Vigo.

Comprar entradas

  • 7 Apr 2019 16:00h.
  • Desde 5€
  • Auditorio Municipal Do Concello De Vigo, Vigo, España

YEE HAW en Vigo DOMINGO 7 DE ABRIL18:00 HORAS Yee-Haw é un berro de entusiasmo, unha expresión de ledicia, pura onomatopea da felicidade que nos achega ao vello Oeste... de Andalusiana. Inmersos no universo musical inspirado no country, o ragtime e o bluegrass, “La banda de otro” ofrécenos un (des)concerto tan especial como cada un dos seus compoñentes. Un espectáculo de circo onde resulta imposible distinguir aos músicos dos malabaristas ou dos pallasos. Coma se foran foraxidos andan case sempre tramando algún golpe, golpe que case sempre acaba recibindo algún deles... Contan as malas linguas que usarán todas as súas artes (que non son poucas) para roubar ao público as súas gargalladas e facelo cómplice da Banda. Directamente, sen rodeos... Pola súa captura non se ofrece unha boa recompensa económica, aínda que os que teñan a sorte de presenciar algunha das súas intervencións, serán recompensados cun bo puñado de acordes, varios lingotes de risas e algunha que outra recompensa.   Compañía: La Banda de Otro Xénero: novo circo Autoría: La banda de otro Dirección: La Banda de Otro e Francisco Torres Escenografía: Elisabetta Cau Deseño de son: Daniel Foncubierta Campano Deseño de iluminación: Rafael Díaz Ramírez Vestiario: María del Carmen Campano Elenco artístico: Daniel Foncubierta Campano e Jose Alberto Foncubierta Campano   Idioma: Castelán Tipoloxía: Familiar Recomendado: + 6 anos Duración: 50'   Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano. Entradas para YEE HAW en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 7 de abril. As entradas teñen un prezo de 5€  Non quedes sen elas!!                 


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente