Xacarandaina: 40 Anos De Música Tradicional (teatro Colón)

Compra entradas Xacarandaina: 40 Anos De Música Tradicional (teatro Colón) y disfruta de Otros eventos musicales en A Coruña.

Comprar entradas

  • 6 Apr 2019 18:30h.
  • Desde 8.8€
  • Teatro Colón, A Coruña, España

Entradas para Xacarandaina: 40 anos de Música Tradicional en A Coruña Data: 06 de abril de 2019 Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala) Lugar: Teatro Colón (A Coruña) Entradas: 13,00 / 15,00 € (Principal 1ª fila – visibilidade reducida; 11,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20%) (Familia numerosa, -25% (só no despacho de billetes) (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada) (Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao teatro)   Gala 40 anos de Música Tradicional Xacarandaina Co gallo do 40 aniversario do Grupo de música e baile  tradicional Xacarandaina farase unha gala no Teatro Colon de A Coruña para presentar o seu novo disco “40Xacas”.   Será unha gala feita especificamente para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar o noso arte inmaterial, facendo que o espectador viaxe no tempo atraveso das melodías e ritmos de Galicia.   Para isto farase unha escolla de entre máis de 1000 melodías diferentes de todo o territorio galego, froito do traballo de campo que fixo Xacarandaina. A singularidade deste espectáculo será volver poñer enriba das táboas músicas e cancións que se estrearon hai anos e que non se volveron a tocar, poñéndoas outra vez en repertorio, e así poder amosar a evolución da música tradicional galega escénica desde 1979 até hoxe en día, facendo un espectáculo de grande valor escénico, histórico e etnográfico. Nesta gala actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiros e coro.  Con un deseño de luces creado adrede,  unha coidada posta en escena e os sucesivos cadros do espectáculo, conseguiremos que esta Gala do 40 aniversario de Xacarandaina sexa algo único e que espectador aprenda e disfrute a un tempo. Isto será en A Coruña o sábado 6 de abril ás 20:30h no Teatro Colon onde tantos éxitos ten conseguido Xacarandaina ao longo da súa historia.          


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente