Ute Lemper - Ciclo Galicia Importa (teatro Colón)

Compra entradas Ute Lemper - Ciclo Galicia Importa (teatro Colón) y disfruta de Concierto en A Coruña.

Comprar entradas

  • 30 May 2019 18:30h.
  • Desde 16€
  • Teatro Colón, A Coruña, España

Entradas para  o CONCERTO DE UTE LEMPER – RENDEVOUZ WITH MARLENE en A Coruña Data: 30 de mayo de 2019 Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala) Lugar: Teatro Colón (A Coruña) Entradas: 22,00 / 24,00 / 26,00 € (1ª fila de principal – visibilidade reducida; 20,00 €) (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, - 20 %) (Familia numerosa, - 25 % (descontó aplicable só nos despachos de billetes)  (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada) (Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao teatro)  A carismática cantante alemá UTE LEMPER chega ao ciclo Galicia Importa para presentar o seu proxecto “ Rendezvous  with  Marlene”, onde rende homenaxe á marabillosa  Marlene  Dietrich. Este show xorde despois dunha chamada entre  Marlene  Dietrich e  Ute, na que conversaron durante 3 horas e que se produciu en París durante 1988, fai máis de 30 anos. Ute acababa de recibir o premio Moliére  Award pola súa interpretación en París de Cabaret e decidiu enviarlle unha postal a  Marlene. Nela, desculpábase por toda a atención mediática que estaba recibindo, na que a comparaban constantemente con Dietrich e iso atafegábaa. Ela estaba nos seus inicios no teatro e a música, mentres que Marlene Dietrich era xa unha  superestrela consagrada. Segundo Ute, foi un incrible agasallo poder falar con  Dietrich: sobre a súa vida, o seu traballo, o seu estilo, o seu amor polo poeta (Rainer Maria) Rilke, a súa complicada relación con Alemaña, a súa tristeza e as súas múltiples fascinacións. Só 6  días antes da estrea de “The Blue Angel” en Berlín, onde Ute interpretaba a parte de Lola (o papel que converteu a Marlene nunha estrela en 1928), Marlene Dietrich morría en París. Ute Lemper cóntanos a historia da lendaria Marlene Dietrich, cantando as súas fabulosas cancións, creadas nos distintos capítulos da súa vida. Desde o cabaret  berlinés até as súas lembradas colaboracións con Burt Bacharach, proponnos un percorrido que conecta pasado con presente, a través dunha viaxe musical polo amor, a paixón, a decadencia e o abandono.  Como é habitual nos seus shows, non presenta un programa pechado para lle deixar espazo á improvisación. A alemá é unha besta escénica e pasea polas ruelas de París, Berlín, Bos Aires e Nova York sen despeitearse. Pode empezar en Alemaña con ese aroma a cabaret, pasa polo universo poético da chansón francesa, adéntrase nos recunchos do tango e acaba desembocando no punto de partida. No seu repertorio, á parte das enormes cancións de Dietrich, pódese esperar un repaso a cancións emblemáticas de ilustres como Jacques Brel, Edith Piaf, Kurt  Weill, Astor Piazzola etc.       


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente