The Island (teatro Rosalía Castro)

Compra entradas The Island (teatro Rosalía Castro) y disfruta de Teatro en A Coruña.

Comprar entradas

  • 27 Mar 2019 19:30h.
  • Desde 5.2€
  • Teatro Rosalía De Castro., A Coruña, España

Ciclo Principal: The island de Athol Fugard Teatro Rosalía Castro 27 de marzo de 2019 – 20.30 h Duración: 75 minutos Entradas: 14,00 / 10,00 / 8,00 / 6,50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25% (só no despacho de billetes)) (Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada) (Os beneficiarios dos descontos deben amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do aceso ao recinto) Esta obra recrea unha historia real sobre a experiencia do autor Athol Fugard e a súa compañía de teatro surafricana "Serpent Players", creada en 1973 por artistas negros.   Durante os ensaios de Antígona foron detidos e encarcerados no penal de Robben Island na época do apartheid. The Island conta esta historia a través de dous prisioneiros condenados a traballos forzados que comparten cela. Pasan os seus días realizando duros traballos na canteira e as noites ensaiando Antígona de Sófocles para representala fronte aos demais presos. A obra traza paralelismos entre a hstoria de Antígona e a dos presos políticos negros, nunha posta en escena de gran calidade interpretativa onde o drama e o humor serven de ferramenta para contar unha historia de resistencia a través da arte. A Compañía Deux Temps Trois Mouvements, procedente de Burkina Faso, conta coa dirección artística de Hassane Kassi Kouyaté e The Island, o seu espectáculo máis representado, coa súa dirección e interpretación. Trátase dun pioneiro do teatro africano que compartiu experiencias creativas ao longo do seu percorrido creativo con artistas da categoría de Peter Broook.The Island é unha fermosa peza teatral divertida e conmovedora. Esta representación enmárcase dentro do proxecto HARMATÁN (Festival Nómade de Cultura Africana), un festival que recala na Coruña cunha mostra do seu teatro, danza, cinema e pensamento, unha das tres cidades do Estado no que se poderá gozar deste festival xunto con Murcia e Móstoles. A idea orixinal deste festival itinerante é da produtora canaria Unahoramenos e a idea nace ao amparo da celebración do encontro cultural MAPAS 2017. Con Hassane Kassi Kouyaté e Habib Dembelélé Dirección: Hassane Kassi Kouvaté Compañía: Deux Temps Trois Mouvements. Burkina Faso Programación especial Día Mundial do Teatro 2019 Espectáculo en francés con subtítulos en castelán  


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente