Shakespeare En Berlín | Auditorio Municipal | Vigocultura

Compra entradas Shakespeare En Berlín | Auditorio Municipal | Vigocultura y disfruta de Teatro en Vigo.

Comprar entradas

  • 25 Oct 2019 19:00h.
  • Desde 8€
  • Auditorio Municipal Do Concello De Vigo, Vigo, España

SHAKESPEARE EN BERLÍN en Vigo VENRES 25 DE OUTUBRO 21:00 HORAS Berlín 1933. Esta é a historia de tres amigos. Martín e Elsa, -unha parella de recén casados vinculados ao mundo do cine alemán da época-, e Leo, -un actor de teatro de ascendencia xudía-. Os tres comparten a vida alegre dos anos 30. O cine dos estudos UFA, o teatro e os cabarés berlineses... pero todo isto verase truncado pola ascensión do nazismo ao poder. Durante catro períodos concretos (1933, 1938, 1941 e 1946) asistimos ao paso do tempo e as súas consecuencias na vida destas tres personaxes. Os acontecementos marcarán os seus rumbos: o incendio do Reichtag, a noite dos cristais rotos, a guerra e o final do xuízos de Nüremberg. Unha noite terá lugar un suceso que marcará as súas relacións, as súas vidas e o destino de cada un.     Compañía: Arden Producciones Espectáculo: SHAKESPEARE EN BERLÍN Xénero: teatro contemporáneo Autoría: Chema Cardeña Escenografía: El Bosc e Filippo Olivieri Deseño de son e música: José García del Real e David Campillos Deseño de iluminación: Pablo Fernández Vestiario: Pascual Peris e Sala Russafa Elenco artístico: Chema Cardeña, Juan Carlos Garés e Iria Márquez Idioma: castelán Idade recomendada: + 14 anos Duración: 75 minutos Prezo: 8 €       Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano. Entradas para Shakespeare en Berlín en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 25 de outubro As entradas teñen un prezo de 8€  Non quedes sen elas!!  


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente