Señora De Rojo Sobre Fondo Gris (sábado) (teatro Rosalía Cas

Compra entradas Señora De Rojo Sobre Fondo Gris (sábado) (teatro Rosalía Cas y disfruta de Teatro en A Coruña.

Comprar entradas

  • 9 Mar 2019 19:30h.
  • Desde 6.8€
  • Teatro Rosalía De Castro, A Coruña, España

Ciclo Principal: Señora de rojo sobre fondo gris de Miguel Delibes, adaptación de José Sámano, José Sacristán e Inés Camiña Teatro Rosalía Castro 9 de marzo de 2019 – 20.30 h Duración: 90 minutos Entradas: 18,00 / 14,00 / 11,00 / 8,50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25% (só no despacho de billetes))  (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada) (Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáclo) Un pintor, con moitos anos no oficio, leva tempo sumido nunha crise creativa. Desde que faleceu de forma imprevista a súa muller, que o era todo para el, practicamente non puido volver pintar. Estamos no verán e outono de 1975. A filla maior de ambos está no cárcere polas súas actividades políticas, e é nesas datas cando xorden os primeiros síntomas da enfermidade da súa nai que a filla vivirá desde dentro da prisión. É outro recordo permanente na vida do seu pai, que tamén agora revive. Esta obra teatra´cl é o relato dunha historia de amor en camiño desenfreado cara á morte, que nos sitúa naquela España con trazos inequívocos, que nos fala da felicidade e da súa perda, e que chega á intimidade de cada ser humano, e á súa emoción, polo camiño recto e simple da verdade. En setembro de 1989 estreamos "Las guerras de nuestros antepasados". Hoxe volvemos a Miguel Delibes. Despois daquela prodixiosa criatura á que o mestre chamou Pacífico Pérez interpretei personaxes de A. Miller, A. Strindberg, G.B. Shaw, D. Desola, S. Benchetrit, M. Vargas Llosa, P. Schaffer, J.R. Fernández, J. Hatcher, D. Wasserman, A. Machado, D. Mamet... Rodei películas e series de TV. Sinto que volver a Miguel Delibes, agora co seu sobrecollido Nicolás, supón entregarme a unha tarefa que ben puidese ser ou significar a culminación dunha aventura de traballo e de vida que vén durando xa máis de sesenta anos. Sexa como sexa... Pacífico dicía do seu tío Paco que foi "o home que lle ensinou a mirar". Volver a Miguel Delibes é non deixar de aprender a mirar. Pasen. E miren. José Sacristán. Con José Sacristán Dirección: José Sámano Compañía: Sabre Producciones, Pentación Espectáculos, Talycual e AGM Espectáculo en castelán


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente