Running | Auditorio Municipal | Vigocultura

Compra entradas Running | Auditorio Municipal | Vigocultura y disfruta de Teatro en Vigo.

Comprar entradas

  • 5 Apr 2019 19:00h.
  • Desde 8€
  • Auditorio Municipal Do Concello De Vigo, Vigo, España

Running en Vigo VENRES 5 DE ABRIL, 21 HORAS Compañía: De Ste Xeito Producións Xénero: Teatro comedia Autoría e dirección: Esther F.Carrodeguas Escenografía, deseño de son e vestiario: De Ste Xeito Producións e Esther F.Carrodeguas Deseño de iluminación: Javier Quintana Elenco artístico: Stephy Llaryora e Sergio Macías Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro watsapp non tarda en chegar: “Quedamos? Veña si! Pero cando?” Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo? Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno. En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.   Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano. Entradas para Running no Auditorio Municipal de Vigo o 1 e 2 de Febreiro  As entradas teñen un prezo de 8€  Non quedes sen elas!!            


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente