Os Fabulosos Cleaners | Auditorio Municipal | Vigocultura

Compra entradas Os Fabulosos Cleaners | Auditorio Municipal | Vigocultura y disfruta de Teatro en Vigo.

Comprar entradas

  • 24 Mar 2019 17:00h.
  • Desde 5€
  • Auditorio Municipal Do Concello De Vigo, Vigo, España

OS FABULOSOS CLEANERS en Vigo DOMINGO 24 DE MARZO 18:00 HORAS Os fabulosos Cleaners é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia. Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas. O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.   Compañía: Malasombra Producións Xénero: teatro Autoría: Luis Beviá e Xoque Carbajal Dirección: Marcos Orsi e Xoque Carbajal Escenografía e deseño iluminación: Xoque Carbajal Deseño de son: Luis Beviá, Carlos Mosquera e Marcos Orsi Vestiario: Carlos Alonso Elenco artístico: Xoque Carbajal e Jouse García   Idioma: Galego Tipoloxía: Familiar Recomendado: + 3 anos Duración: 60'   Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano. Entradas para OS FABULOSOS CLEANERS en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 24 de marzo As entradas teñen un prezo de 5€  Non quedes sen elas!!             


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente