No Hay Papel | Auditorio Municipal | Vigocultura

Compra entradas No Hay Papel | Auditorio Municipal | Vigocultura y disfruta de Teatro en Vigo.

Comprar entradas

  • 2 Nov 2019 20:00h.
  • Desde 8€
  • Auditorio Municipal Do Concello De Vigo, Vigo, España

NO HAY PAPEL en Vigo SÁBADO 2 DE NOVEMBRO 21:00 HORAS No hay papel é unha fiestra. Unha casa nova. Tempo sen verse. Dúas irmás, que comparten un don e unha paixón: as palabras. Foron, xa non son. Julia é ou era unha escritora de éxito. Clara é ou era unha xornalista especializada en conflitos bélicos. Procuran traballo, procuran o seu sitio, o seu espazo, o seu papel. Reencóntranse, confróntanse, lémbranse, adóranse, necesítanse, admíranse, critícanse, abrázanse, rómpense, rin, recoñécense. Hai unha decisión tomada e outra por tomar. As dúas, como España, están feitas e construídas a pedazos. Son e senten de xeito diferente ao resto. Son e se recoñecen iguais a todo. Pero ademais, No hay papel son anacos da historia real de Ángeles Martín e de Beatriz Bergamín, que entrelazan a palabra de Julia e Clara, as súas personaxes na ficción, con textos directos e en primeira persoa sobre si mesmas, expoñéndose perante o público nun exercicio de pornografía emocional sen rede.   * Ao rematar o espectáculo haberá un coloquio coas actrices e o editor do libro (editorial viguesa).     Compañía: Desafora2 Espectáculo: NO HAY PAPEL Xénero: teatro contemporáneo Autoría: Beatriz Bergamin Dirección: Víctor Velasco Escenografía: Cecilia Bergamín Deseño de son: Jon Anibal Deseño de iluminación: Jose Manuel Guerra Vestiario: Ängeles e Beatriz Música: Nacho Mastretta – Manuel Penella (Concha Piquer) Elenco artístico: Ángeles Martín e Beatriz Bergamín Idioma: castelán Idade recomendada: + 16 anos Duración: 70 minutos Prezo: 8 €     Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano. Entradas para No Hay Papel en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 2 de novembro As entradas teñen un prezo de 8€  Non quedes sen elas!!  


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente