Guerra De Identidade | Auditorio Municipal | Vigocultura

Compra entradas Guerra De Identidade | Auditorio Municipal | Vigocultura y disfruta de Teatro en Vigo.

Comprar entradas

  • 1 Nov 2019 20:00h.
  • Desde 8€
  • Auditorio Municipal Do Concello De Vigo, Vigo, España

GUERRA DE IDENTIDADE en Vigo VENRES 1 DE NOVEMBRO 21:00 HORAS Obsesionada coa figura ausente e controvertida do pai, deportista de elite e militar na guerra dos Balcáns, unha muller, metade galega, metade croata, narra a viaxe que traza para coñecer a súa familia. Facendo o espectador confidente e cómplice de segredos inconfesables e cun pano de fondo, que danza entre guerras históricas e conflitos individuais, dá conta da batalla na procura de si mesma, loitando entre o dramático e o cómico, o testemuño e a imaxinación, e a memoria persoal e a colectiva.   Compañía: DeuVe Espectáculo: GUERRA DE IDENTIDADE Xénero: Teatro documento poético Dirección: Avelino González Texto e gravacións: Deborah Vukusic Iluminación: Salvador del Río Vestiario: Jandro Villa Produción: Carlos F.Sanjurjo Elenco artístico: Deborah Vukusic Idioma: galego Idade recomendada: público adulto Duración: 70 minutos Prezo: 8 €       Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano. Entradas para Guerra de Identidade en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 1 de novembro As entradas teñen un prezo de 8€  Non quedes sen elas!!  


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente