Entresoños En Vilagarcia De Arousa

Compra entradas Entresoños En Vilagarcia De Arousa y disfruta de Baile en Vilagarcía De Arosa.

Comprar entradas

  • 13 Apr 2019 19:00h.
  • Desde 5€
  • Auditorio Municipal Vilagarcía De Arousa, Vilagarcía De Arosa, España

Entresoños en Vilagarcia de Arousa Non perdas a obra de Entresoños o próximo sábado 13 de abril do 2019 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a partir das 21:00 horas. Que é EntreSoños? EntreSoños é unha obra de baile e música tradicional galega de 70 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, todo isto dentro de un marco escénico diseñado por Vanesa Hernández (escenografía) e Luis Perdiguero ( iluminación), e vestiario deseñado por Alessio Meloni, e dende unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo). Deste xeito poderemos ver en escea a figura dunha persoa deitada como si nunha cama se tratase inmersa nun profundo soño. Pero lonxe de conseguilo é invadida por milleiros de pensamentos e inquietudes. Dentro dos seus soños cobra vida esa valentía por conseguir todo o que se propoña, pero tamén ás súas debilidades, medos e frustraccións. Unha loita por alcanzar ou dar vida a eses soños que nunca puido ou se atreveu a levar a cabo, á vez que os medos e inseguridades o invaden decíndolle que non son máis que soños  que desaparecerán cando desperté da súa cama… Esta persoaxe deixarase levar por ese duende malo que lle dí que se lance ao abismo, que sexa valente e que faga o que o corazón lle pida, pero que a súa consciencia lle impide, e ao mesmo tempo loitará e/ou deixarase guiar por esa voz da templanza, da tranquilidade, esa voz que lle fai ser consciente de que non son máis que soños e non poderán ser máis ca iso. Escenificando deste xeito encrucilladas nas que cada un de nós nos vimos envoltos nalgún momento das nosas vidas. Esas gañas por perseguir os nosos soños e inquietudes e esos medos que nos paralizan e non nos deixan avanzar…   Entradas para Entresoños en Vilagarcía de Arousa As entradas para a actuación de Entresoños o próximo sábado 13 de abril do 2019 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a partir das 21:00 horas teñen un prezo desde 5 euros + gastos de xestión en venda anticipada. Entrada de balde para desempregados (tarxeta desemprego), estudantes (carné xove) e maiores de 65 anos (D.N.I.) (limitadas a 75 en total).  


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente