Elisa E Marcela En Vilagarcia De Arousa

Compra entradas Elisa E Marcela En Vilagarcia De Arousa y disfruta de Teatro en Vilagarcía De Arosa.

Comprar entradas

  • 30 Mar 2019 20:00h.
  • Desde 5€
  • Auditorio Municipal Vilagarcía De Arousa, Vilagarcía De Arosa, España

Elisa e Marcela  en Vilagarcia de Arousa Non perdas a obra de Elisa e Marcela  o próximo sábado 30 de marzo do 2019 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a partir das 21:00 horas. Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo. Coprodución da Panadaría co Centro Dramático Galego, Concello e Deputación da Coruña, Concello de Vimianzo e Concello de Rianxo. Mellor espectáculo nos Premios María Casares 2018, e tamén mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor actriz protagonista (Areta Bolado) nos mesmos premios. Premio Luísa Villalta para iniciativas culturais pola igualdade. XIV Premio LGBT Marcela y Elisa entregado polo Colectivo ALAS A Coruña. Premio do público MIT de Ribadavia 2018 e Fetega  do Carballiño 2018. Premio ex aequo a Mellor actriz (Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman) no Fetega 2018.   Entradas para Elisa e Marcela  en Vilagarcía de Arousa As entradas para a actuación de Elisa e Marcela  o próximo sábado 30 de marzo do 2019 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a partir das 21:00 horas teñen un prezo desde 5 euros + gastos de xestión en venda anticipada. Entrada de balde para desempregados (tarxeta desemprego), estudantes (carné xove) e maiores de 65 anos (D.N.I.) (limitadas a 75 en total).


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente