El Castigo Sin Venganza (venres) (teatro Rosalía Castro)

Compra entradas El Castigo Sin Venganza (venres) (teatro Rosalía Castro) y disfruta de Teatro en A Coruña.

Comprar entradas

  • 5 Apr 2019 18:30h.
  • Desde 7.6€
  • Teatro Rosalía De Castro., A Coruña, España

Ciclo Principal: El castigo sin venganza de Lope de Vega Teatro Rosalía Castro 5 de abri de 2019 – 20.30 h Duración: 100 minutos Entradas: 21,50 / 15,00 / 13,00 / 9,50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25% (só no despacho de billetes)) (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada) (Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo) Cando Lope quere... Esta tempada abordamos a peza fundamental da traxedia clásica española do Século de Ouro: El castigo sin venganza de Lope de Vega, unha das obras mestras da literatura dramática universal que nos mostra novas facetas en cada relectura, en cada posta en escena, como un diamante que reflicte nas súas arestas un retrato íntimo da sociedade de todas as épocas, cos seus medos, pulsións, contradicións e pantasmas. Esta crepuscular traxedia de honra oculta unha profunda reflexión sobre o poder, a xustiza, a responsabilidade, o amor e o desexo, ambientada no contexto político das cidades-estado enfrontadas na convulsa Italia de finais do quattrocento. Atrapados na tea de araña dun palacio de susurros, espellos e segredos, os personaxes enfróntanse á súa conciencia cunha intensidade descoñecida; a beleza dos versos alíase coa aspereza brutal dos conflitos e cun delicado ritmo case cinematográfico en que as escenas se entrelazan e xustapoñen. De fondo, a fama como eixo dunhas vidas abocadas á mentira vai gobernando unha trama que desemboca nun desenlace sanguento sen esperanza. No prólogo á edición de 1634, o propio Lope cualificaba a súa obra de traxedia escrita ao estilo español, dando fe da singularidade dun texto dramático que, décadas despois, un editor portugués subtitularía Cando Lope quere, quere; todo un indicio do asombro e admiración que provocou ao longo dos séculos para lectores e espectadores. Desoladora, fermosa, maxistral, El castigo sin venganza ofrécenos un espello tráxico da condición humana. Obra mestra da senectude do Fénix, reflexo do seu desencanto pola sociedade e a dor das súas circunstancias persoais e familiares pero, á vez, audaz superación dunha arte destilada e precisa ante a irrupción dos poetas e dramaturgos novos que se van apropiando da primacía escénica, este canto de cisne lopesco mantén hoxe a implacable vixencia da arte da traxedia: unha lúcida viaxe ás sombras de nós mesmos. Helena Pimenta Con: Alejandro Pau, Fernando Trujillo, Joaquín Notario, Lola Baldrich, Nuria Gallardo, Rafa Castejón, Carlos Chamarro, Beatriz Arguello, Javier Collado,  Coro: Anna Maruny, Fernando Trujillo, Alejandro Pau, Íñigo Álvarez de Lara Dirección: Helena Pimenta Compañía: Compañía Nacional de Teatro Clásico   Espectáculo en castelán    


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente