Dúas Donas Que Bailan | Venres Culturais 2019

Compra entradas Dúas Donas Que Bailan | Venres Culturais 2019 y disfruta de Teatro en Carballo.

Comprar entradas

  • 22 Feb 2019 20:00h.
  • Desde 3€
  • Pazo Da Cultura De Carballo, Carballo, España

Dúas Donas Que Bailan en VENRES CULTURAIS 2019 A obra teatral Dúas Donas Que Bailan da compañía Teatro do Atlántico estará representada en Carballo o vindeiro venres 22 de febreiro como parte da programación do VENRES CULTURAIS 2019. A función terá lugar no Pazo da Cultura. Unha muller maior, que soña cunha viaxe a París, resístese a abandonar o piso no que habita. Os fillos e do dono da vivenda teñen outros plans. Outra muller chegará para facer as labores da casa e cada xornada convértese nun inquietante e cómico “toma e daca”. Unha das compañías galegas máis sólidas, que recibiu recentemente o Premio da Crítica de Galicia, preséntanos un agasallo teatral, adobiado de humor malvado. Compartiremos os soños e os fracasos de dúas fortes mulleres que se enfrontan ao alzhéimer, á soidade, ao desencontro xeracional e a outros asuntos que impón a sociedade contemporánea. Invadiranos a tenrura. Intérpretes: María Barcala e María Ángeles Iglesias / Espazo escénico: Antonio F. Simón / Espazo sonoro: Brais Morán / Tradución e axud. dirección: Aleixandre Lago / Dirección e dramaturxia: Xúlio Lago / Autor: J. Mª Benet i Jornet. Duración: 1 hora e 15 minutos | Público: Adulto   Entradas para Dúas Donas Que Bailan no Pazo da Cultura o 22 de febreiro As entradas para Dúas Donas que Bailan no Pazo da Cultura de Carballo teñen un prezo de 4 euros + gastos de xestión. Non perdas VENRES CULTURAIS 2019!


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente