Despois Das Ondas | Auditorio Municipal | Vigocultura

Compra entradas Despois Das Ondas | Auditorio Municipal | Vigocultura y disfruta de Teatro en Vigo.

Comprar entradas

  • 11 Oct 2019 19:00h.
  • Desde 8€
  • Auditorio Municipal Do Concello De Vigo, Vigo, España

EDSPOIS DAS ONDAS en Vigo VENRES 11 DE OUTUBRO 21:00 HORAS Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral. A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria han axudala a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María? Nesta peza, mesturando cine en directo, teatro e música, poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.     Compañía: ButacaZero Espectáculo: DESPOIS DAS ONDAS Xénero: teatro drama Autoría e deseño de son: Ernesto Is Dirección: Xavier Castiñeira Adaptación: Xavier Castiñeira e Ernesto Is Escenografía: Beatriz de Vega Deseño de iluminación: Javier Quintana Vestiario: Carlos Pinilla Coreografía: Sonsoles Cordón Elenco artístico: Belén Constenla, Nerea Brey e Sonsoles Cordón Idioma: galego Idade recomendada: + 12 anos Duración: 80 minutos Prezo: 8 €       Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano. Entradas para Despois Das Ondas en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 11 de outubro As entradas teñen un prezo de 8€  Non quedes sen elas!!  


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente