De Todo Corazón (fórum Metropolitano)

Compra entradas De Todo Corazón (fórum Metropolitano) y disfruta de Teatro en A Coruña.

Comprar entradas

  • 25 May 2019 16:30h.
  • Desde 2€
  • Fórum Metropolitano, A Coruña, España

Entradas para DE TODO CORAZÓN de TEATRO PARAÍSO en A Coruña Data: 25 de maio de 2019 Horario: 18.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala) Lugar: Fórum Metropolitano (A Coruña) Entradas: 6,00 € (Abono 3, 15,00 €) (menores de 3 anos, 2,00 €)  (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada) Unha introducción ao mundo do teatro, das artes escénicas, por iso cando os nenos chegan á sala, a actriz e a violinista recíbenlles e acompáñanlles no camiño de entrada ao “mundo máxico”, dándolles a benvida co seu sorriso e a súa música. Despois a actriz caracterízase como pallaso diante dos nenos, nun momento de gran delicadeza. E a partir dese momento comeza a aventura do TEATRO. Nun pequeno decorado de cores brillantes desenvólvese a historia dun pallaso e un paxaro que nacen do mesmo ovo. Cómplices como dous xemelgos, viven xuntos pequenas aventuras explorando os seus sentimentos: entre a tenrura e a cobiza, o medo e a alegría. A sutileza do espectáculo transpórtanos a un universo poético, no cal os nenos navegan con confianza e admiración. Cando o espectáculo chega ao seu fin é o momento de regresar. Chega a hora da despedida. Mentres soa o violín, o pallaso conduce aos nenos cara á saída, acompañándolles no seu camiño de volta. Intérpretes: Clown – Rosa A. García, Violinista – Meggy Khabourdzania Autora: Rosa A. García Dirección: Tomás Fdz. Alonso Duración: 40 min Público: + 4 anos Espectáculo en castelán e con aforo reducido        


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente