Curva España (viernes) (teatro Rosalía Castro)

Compra entradas Curva España (viernes) (teatro Rosalía Castro) y disfruta de Teatro en A Coruña.

Comprar entradas

  • 18 Oct 2019 18:30h.
  • Desde 5.2€
  • Teatro Rosalía De Castro., A Coruña, España

Entradas para CURVA ESPAÑA de Xron, Manuel Cortés, Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo en A Coruña Data: 18 de outubro de 2019 Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala) Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña) Entradas: 6,50 / 8,00 / 10,00 / 14,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20 %) (Familia numerosa: - 25 % (só no despacho de billetes)) (Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada) (Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro) (Se vostede merca entradas con desconto a través do teléfono ou da web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo) Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha norte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre as súas causas, motivacións e consecuencias. Curva España é a historia dunha investigación sobre un suceso do pasado e sobre as súas implicacións no presente. Un suceso real que tivo un impacto directo limitado a unha pequeña comunicade da Galiza interior, pero no que se desvela o xeito no que se vertebrou o estado liberal español durante os séculos XIX e XX, en paralelo á construcción do ferrocarril. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, contaremos a historia da norte do enxeñeiro España artellando unha narración escénica que adopta o formato do documental, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construcción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque España chegou en forma de mito, e o mito fala da súa norte nunha curva afastada. Neste novo cruce de realidade e ficción sobre o escenario o que tratamos de facer é entrar no real, porque o acto teatral sería unha estratexia para entrar na realidade xunto ao público. Por tanto o obxectivo desta peza non é representar o real recreando situacións do pasado, senón facer que a representación en sí mesma sexa real. Unha representación que integra unha narrativa cinematográfica documental construida en directo a partir da mestura de escenas filmadas en tempo real á vista do público e entrevistas gravadas. Unha producción CHÉVERE en coprodución con TEATROS DEL CANAL, CONCELLO DE TEO e MIT RIBADAVIA Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lia, Lucía Estévez, Leti Blanco   Duración: 90 min Espectáculo en galego    


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente