Concerto Son Galego, Son Cubano En Vilagarcía De Arousa

Compra entradas Concerto Son Galego, Son Cubano En Vilagarcía De Arousa y disfruta de Concierto en Vilagarcía De Arosa.

Comprar entradas

  • 9 Mar 2019 20:00h.
  • Desde 6€
  • Auditorio Municipal Vilagarcía De Arousa, Vilagarcía De Arosa, España

Roi Casal presenta, CONCERTO SON GALEGO, SON CUBANO  en Vilagarcía de Arousa Non te perdas o CONCERTO SON GALEGO, SON CUBANO a partires do próximo sábado 9 DE MARZO de 2019 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa ás 21:00 horas. Entrada Adulto: 12 Euros + gastos de xestión Entrada Infantil (de 3 aos 12 anos): 6 euros + gastos xestión Nota: Os menores de 3 anos non pagan entrada.  Son galego, son cubano é considerado o maior espectáculo musical entre Galicia e Cuba que conta dun modo moderno e actual a histórica relación que une a ambos países e a epopea dos galegos na illa caribeña. En 2014 Roi Casal recibe o premio internacional Cubadisco. Este foi o punto de partida de Son galego, Son cubano, un ambicioso proxecto internacional que pon en valor os extensos lazos de unión entre Galicia e Cuba. Durante dous anos, o artista traballou conxuntamente con D. Xosé Neira Vilas, un dos escritores galegos máis importantes de todos os tempos, na concepción e elaboración deste proxecto. No disco, grabado na Habana en Marzo de 2016, participan destacados músicos cubanos como Pablo Milanés, Laritza Bacallao ou Miguel Núñez, e da parte galega, figuras como Nando Casal de Milladoiro ou Carlos Calviño. En 2016 estrease o espectáculo no Gran Teatro da Habana con dous concertos antolóxicos os días 27 e 28 de maio con máis de 3.000 localidades esgotadas nas dúas. Dende entón continua xirando por escenarios de todo o mundo, chegando ata Brasil, Ginebra, Zürich,… O directo mantén íntegramente a estructura artística da grabación, e está composta por un elenco de 12 músicos de primeiro nivel de ambos os dous países que realizaron máis de 60 concertos en diversos lugares do mundo e que foi visto por máis de 50.000 persoas.    


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente