Cdg: Neorretranca E Posmorriña (teatro Rosalía Castro)

Compra entradas Cdg: Neorretranca E Posmorriña (teatro Rosalía Castro) y disfruta de Teatro en A Coruña.

Comprar entradas

  • 25 May 2019 18:30h.
  • Desde 5.2€
  • Teatro Rosalía De Castro., A Coruña, España

Entradas para NEORRETRANCA E POSMORRIÑA do CDG en A Coruña De Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte Data: 25 de maio de 2019 Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala) Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña) Entradas: 6,50 / 8,00 / 10,00 / 14,00 € carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %)  (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada) (Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada de do acceso ao teatro) (Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)   FANTASÍA Nº 5 EN SOL OU NON Unha varredora baila levando a area que moveu a treboada de novo no seu sitio: recoloca o mundo atacado polo home. Alguén pinta no muro "Viva España". Unha vella agarda pola morte. Mentres tanto, a moza que vai saír de marcha non sabe como combinar a saia de Zara co pano tan bonito da súa bisavoa. No micrófono, alguén berra: XA NON HAI TEMPO PARA APOIARSE NAS PAREDES. E na parede, alguén pinta: MIÑA NAI FALA GALEGO MI PADRE HABLA CASTELLANO 50 AÑOS FELICES As vellas botan “gasofa” na terra para que medren as cenorias. E nós preguntámonos cando chegará unha xeración verdadeiramente apaixonada, unha desas de LUME (pero outro lume, eh!). En proscenio: a maleta. BOISACA OU A DIVINA DESGRAZA O dramaturgo, encarnado nunha actriz veterana, ten que escribir unha obra de teatro sobre a identidade nacional, coa posibilidade de que esta sexa representada no CDG. Para conseguilo, convoca a escritora Mary Shelley, para que o acompañe nunha viaxe ao outro mundo na procura do seu pai. No seu camiño encóntrase con algúns dos mortos que construíron, cada un co seu propio anaco, ese monstro que é a identidade nacional galega. CENTRO DRAMÁTICO GALEGO Con Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja, Laura Villaverde Dirección: Gena Baamonde Espectáculo en galego  


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente