Carmen. Maquia - Titoyaya Dansa (teatro Rosalía)

Compra entradas Carmen. Maquia - Titoyaya Dansa (teatro Rosalía) y disfruta de Baile en A Coruña.

Comprar entradas

  • 15 Nov 2019 19:30h.
  • Desde 9.6€
  • Teatro Rosalía De Castro., A Coruña, España

Entradas para o ciclo TRC Danza – CARMEN.MAQUIA  en A Coruña Danza Neoclásica Data: 15 de novembro de 2019 Horario: 20.30  h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala) Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña) Entradas: 12,00 € €)(carne novo, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) (Familias numerosas, -25% (só no despacho de billetes)) (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada) (Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada de do acceso ao teatro) (Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)   CARMEN. Maquia é unha versión contemporánea do clásico de Merimée que mantén íntegro o seu argumento. Esta obra para 13 intérpretes foi cualificada por Chicago Sun como obra mestra e é unha peza de referencia que outras compañías, como Ballet Hispánico (Nova York) ou Ballet Met (Columbus), inclúen no seu repertorio. Para crear CARMEN. Maquia reúnense tres creadores: Gustavo Ramírez na dirección e creación coreográfica, o deseñador David Delfín, nun dos seus últimos traballos para danza, e Luis Crespo como escenógrafo habitual de Titoyaya Dansa. Dúas obras de Picasso en relación á Carmen de Mérimée serven de inspiración para a escenografía minimalista e para a elegancia e sobriedade que se deixa ver no vestiario ideado por David Delfín: Carmen 1949 e Le Carmen des Carmen, de 1964. Este traballo en branco e negro está moi presente na escena e defínea de principio a fin. CARMEN. Maquia foi publicada en formato blu-ray por Naxos USA, no programa Lincoln Center at the movies, cunha gravación en vivo realizada por Ballet Hispánico en Mesa Arts Center de Arizona e dispoñible para a súa distribución a nivel mundial. TIOYAYA DANSA Coreografía: Gustavo Ramírez Sansano. Dirección: Gustavo Ramírez Sansano e Verónica García Moscardó Intérpretes: Diana Huertas Cegarra, Esaúl Llopis, Itxasai Mediavilla, Jessica Martín Koloniar, Jozsef Forro, Julia Cambra, Juliette Jean, Jure Gostincar, Marie Pastorelli, Melanie López, Melodía García, Michele Scappa e Salvador Rocher. Duración: 70 min    


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente