BudiÑo "fulgor" Sala A Pousada Da Galiza Imaxinaria (boiro)

Compra entradas BudiÑo "fulgor" Sala A Pousada Da Galiza Imaxinaria (boiro) y disfruta de Concierto en Boiro.

Comprar entradas

  • 23 Mar 2019 20:00h.
  • Desde 13€
  • A Pousada Da Galiza Imaxinaria, Boiro, España

Despois de 6 anos de silencio, Budiño publicou o 25 de xaneiro de 2019 FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo. Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo. O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco. Pisar terra e querer tocar ceo. FULGOR ven armado de grandes letras. Letras de poetas (Antía Otero). Letras de songwriters (Xoel López e Vega). Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo. Budiño soubo rodearse neste FULGOR de tres grandes guitarristas, como o galego Antonio Casado, o son transfronterizo de Jairo Zavala ou o sotaque luso africano de Luiz Caracol. E máis que destacable é a participación do Cuarteto Quiroga, recentes gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia "Santiago" e "Bos Amores”.  Budiño agasállanos cun disco máis plural, máis sen xénero, máis de aquí e de alá, máis aberto e máis de todas, en resume, máis Budiño que nunca. Chegou FULGOR, porque todo brilla, todo resplandece, porque Fulgor é de todos os que deciden seguir brillando. Un FULGOR para unha nova etapa que xa non soa a silencio.    Budiño: Voz, frauta, piano, guitarra Brais Morán: Guitarra, coros Alex Salgueiro: Wurlitzer, sinte Fran Sanz: Baixo Ton Risco: Batería www.budinomusic.com    


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente