Bitels Para Bebés | Vigocultura | Domingo 10 16:30h

Compra entradas Bitels Para Bebés | Vigocultura | Domingo 10 16:30h y disfruta de Musical en Vigo.

Comprar entradas

  • 10 Nov 2019 15:30h.
  • Desde 5€
  • Auditorio Municipal Do Concello De Vigo, Vigo, España

BITELS PARA BEBÉS en Vigo DOMINGO 10 DE NOVEMBRO 16:30 Catro músicos e movemento e unha bailarina convidan a bebés, nais e pais a participar dunha cálida e emocionante homenaxe a The Beatles. Unha proposta visual e sonora na que cativas e persoas adultas gozan dunha selección de cancións con arranxos sofisticados, interpretadas por músicos con ampla experiencia profesional. Todo isto arroupado por unha escenografía suxestiva, xogos con vídeos interactivos e a participación do público con instrumentos de percusión. As nenas e nenos e as persoas adultas cantarán, bailarán, interactuarán, xogarán e gozarán da música, o movemento e unha contorna visualmente atractiva e recoñecendo temas universais.     Compañía: La Petita Malumaluga Espectáculo: BITELS PARA BEBÉS (concerto tributo a The Beatles) Xénero: danza e música para bebés Autoría: Albert Vilà e Eva Vilamitjana Dirección e adaptación: Eva Vilamitjana e Albert Vilà Escenografía: La Petita Malumaluga (colabora Paula Bosch) Deseño de son, de iluminación e vestiario: La Petita Malumaluga Música: Jordi Bello Coreografía: Eva Vilamitjana Elenco: Alba Haro/Eduard Raventós (cello), Asier Suberbiola/Laura Marín (violín), Hugo Astudillo/Nil Villà (clarinete e saxo soprano), Albert Vilà (percusións) e Eva Vilamitjana (danza) Idade recomendada: 0-3 anos Duración: 35 minutos Prezo: 5 € (1 persoa adulta + 1 bebé en escenario). Resto de acompañantes en patio de butacas con visibilidade reducida, de balde até completar capacidade.     Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano. Entradas para Bitels Para Bebés en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 10 de novembro As entradas teñen un prezo de 5€  Non quedes sen elas!!  


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente