Anatomía Dunha Serea (teatro Rosalía Castro)

Compra entradas Anatomía Dunha Serea (teatro Rosalía Castro) y disfruta de Teatro en A Coruña.

Comprar entradas

  • 7 Mar 2019 19:30h.
  • Desde 6.4€
  • Teatro Rosalía De Castro, A Coruña, España

Entradas para ANATOMÍA DUNHA SEREA de iria Pinheiro e María Lado en A Coruña Data: 7 de marzo de 2019 Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala) Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña) Entradas: 8,00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, - 20 %) (Familia numerosa, - 25 % (desconto aplicable só nos despachos de billetes) (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada) (Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao teatro) Anatomía dunha serea é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como se trata o feito de dar a luz, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí. Anatomía dunha serea nace da necesidade de contar unha historia persoal, de transformar un acontecemento único e ao mesmo tempo común a moitas mulleres nun acto escénico compartido. Un relato aparentemente unipersoal e illado que de pronto ten eco noutras persoas en todo o mundo. Deste xeito convértese nunha historia global contada nunha voz soa. Intérprete: Iria Pinheiro Dirección: Xron Duración: 75 min Espectáculo en galego    


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente