Albert Pla - Miedo (teatro Rosalía Castro)

Compra entradas Albert Pla - Miedo (teatro Rosalía Castro) y disfruta de Otros eventos en A Coruña.

Comprar entradas

  • 17 Feb 2019 14:33h.
  • Desde 0€
  • Teatro Rosalía De Castro, A Coruña, España

Entradas para MIEDO de ALBERT PLA  en A Coruña Data: 16 de febreiro de 2019 Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala) Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña) Entradas: 9,00 / 13,00 / 15,00 / 21,00 € (carne xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20%) (Familias numerosas, -25% (só no despacho de billetes)) (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada) (Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao recinto no que terá lugar o espectáculo) MIEDO é o novo espectáculo de Albert Pla, impregnado de gran impacto visual onde a proxección é a gran protagonista. Unha idea orixinal que chega a España tras a súa estrea en Buenos Aires. O texto propón unha viaxe íntima por todas as etapas do home desde a infancia ata máis aló da vida terrea cargado de sensacións, emocións e sentimentos nados da pantasma que habita na nosa mente, alimentado polos nosos pensamentos: o medo. Nesta peza de teatro musical, concerto ou recital teatralizado, convídase a realizar un repaso cargado de ironía polos temores humanos cotiáns tales como o medo a un mesmo ou o temor á morte. Para iso, o espectáculo está moi marcado pola música e as cancións, que xunto aos textos teatrais e as tecnoloxías vangardistas contribúen á creación dun espectáculo multimedia de sorprendente beleza poética.   


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente