Akari | Auditorio Municipal | Vigocultura

Compra entradas Akari | Auditorio Municipal | Vigocultura y disfruta de Baile en Vigo.

Comprar entradas

  • 28 Apr 2019 16:00h.
  • Desde 5€
  • Auditorio Municipal Do Concello De Vigo, Vigo, España

AKARI en Vigo DOMINGO 28 DE ABRIL 18:00 HORAS Akari é luz. Investiga as súas propiedades e a súa particular forma de viaxar polo aire. A luz, a penumbra, a sombra e a escuridade. Amosa a necesidade que sentimos de aproximarnos a un raio de luz para quentar a nosa pel e por que todos pechamos os ollos ao facelo. Pomos obstáculos para impedir que continúe cara a diante, sempre en liña recta, sempre en liña recta... Vímola nos ollos do outro e sentimos como ás veces se cola dentro de nós e nos inunda. Entón parece que sae despedida, pola polpa de cada dedo, e rodéase do noso corpo ao andar, escapa polo peito e a nosa mirada lánzase cara a diante. Sempre en liña recta, sempre en liña recta... A través da danza, a luz interior de cada un de nós brillará dun modo especial e único.   Compañía: Da.Te Danza Xénero: danza contemporánea Autoría e coreografía: Omar Meza Dirección: Omar Meza e Julia Ruíz Adaptación e deseño de son: Da.te Danza Escenografía: Valentín Martínez (Lucas) Deseño de iluminación: J.C.Tamajon Vestiario: Laura León Música: Diego Neuman Galán Elenco artístico: Inés García e David Barrera   Idioma: Castelán Tipoloxía: Familiar Recomendado: + 1 anos Duración: 60'   Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano. Entradas para Akari en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 28 de abril As entradas teñen un prezo de 5€  Non quedes sen elas!!            


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente