A Nena Que Quería Navegar (teatro Colón)

Compra entradas A Nena Que Quería Navegar (teatro Colón) y disfruta de Musical en A Coruña.

Comprar entradas

  • 17 Feb 2019 18:00h.
  • Desde 2€
  • Teatro Colón, A Coruña, España

Entradas para A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR  en A Coruña Data: 17 de febreiro de 2019 Horario: 19.00 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala) Lugar: Teatro Colón (A Coruña) Entradas: 6,00 € (abono 3, 15,00 €) (menores de 3 anos, 2,00 €)  (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada) REDRUM TEATRO Espectáculo destinado a un público familiar, principalmente infantil, de entre 6 e 12 anos, que trata un tema que nos preocupa e que tristemente cada pouco acapara as portadas de todos os xornais, o acoso escolar ou bullying. Nel contamos a historia dunha rapaza sen nome que, farta de insultos, empurróns e illamento social, foxe da escola para non volver nunca máis. Na súa aventura atopará ao Xeadeiro, un personaxe máxico e vital que lle devolverá a autoestima perdida a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, que lle ensina que dentro de cada un de nós se agocha un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de conseguir todo o que nos propoñamos. Autores: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño Dirección: Alex Sampayo Intérpretes: Laura Míguez, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio Espectáculo en lingua galega Duración: 50 min  


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente