A Leituga | Venres Culturais 2019

Compra entradas A Leituga | Venres Culturais 2019 y disfruta de Teatro en Carballo.

Comprar entradas

  • 29 Mar 2019 20:00h.
  • Desde 3.5€
  • Pazo Da Cultura De Carballo, Carballo, España

A Leituga en VENRES CULTURAIS 2019 A obra teatral A Leituga da compañía Eme2 emoción&arte estará representada en Carballo o vindeiro venres 29 de marzo  como parte da programación do VENRES CULTURAIS 2019. A función terá lugar no Pazo da Cultura. Cinco familiares reúnense na casa da irmá maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma desde hai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai. En clave de humor, abórdase un conflito familiar polo que todos podemos pasar e no que agroman distintos puntos de vista e realidades, lealdades e deslealdades familiares, contas pendentes, a esperanza e a aceptación. O dereito á vida e o dereito á morte. Intérpretes: Antonio Duran “Morris”, Federico Pérez, María Vázquez, Mercedes Castro e Xose Barato / Escenografía e iluminación: José Manuel Faro, Coti / Música orixinal: Anxo Graña / Vestiario: Uxía Vaello / Tradución: José Luis López Roca / Axudante de dirección: Tamara Canosa / Autor: César Sierra / Dirección: Víctor Duplá Duración: 1 hora 20 min Público: adulto   Entradas para A Leituga no Pazo da Cultura o 29 de marzo As entradas para A Leituga no Pazo da Cultura de Carballo teñen un prezo de 5 euros + gastos de xestión. Non perdas VENRES CULTURAIS 2019!


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente