A Compañeira De Piso En Vilagarcia De Arousa

Compra entradas A Compañeira De Piso En Vilagarcia De Arousa y disfruta de Teatro en Vilagarcía De Arosa.

Comprar entradas

  • 16 Mar 2019 20:00h.
  • Desde 5€
  • Auditorio Municipal Vilagarcía De Arousa, Vilagarcía De Arosa, España

A compañeira de piso en Vilagarcia de Arousa Non perdas a obra de A compañeira de piso o próximo sábado 16 de marzo do 2019 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a partir das 21:00 horas. Sharon, unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx... Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida.  Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila. Adaptación da comedia "The Roommate" da autora americana Jen Silverman, en coprodución co Centro Dramático Galego, que trata os temas da idade, a muller e a identidade dun xeito fresco e divertido.  Entradas para A compañeira de piso en Vilagarcía de Arousa As entradas para a actuación de A compañeira de piso o próximo sábado 16 de marzo do 2019 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a partir das 21:00 horas teñen un prezo desde 5 euros + gastos de xestión en venda anticipada. Entrada de balde para desempregados (tarxeta desemprego), estudantes (carné xove) e maiores de 65 anos (D.N.I.) (limitadas a 75 en total).  


Deplayaenplaya.com funciona con con tecnología Google Maps y datos facilitados por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente